miércoles, 13 de enero de 2010

SALTO NO TEMPO!

Para que non se diga que non dominamos a Historia!

Pensando no temario do alumnado de 4º e en consideración ao entusiasmo amosado no primeiro trimestre, abrimos o libro do mundo para deternos en:

STENDHAL: Vermello e Negro. Paixón e ambición nos convulsos anos do século XIX tras a caída de Napoleón. Quen non se namorou de Julian Sorel? Atoparédelo na CDU 8, Literatura.


ALEXANDRE DUMAS: O conde de Montecristo. Romanticismo e vinganza. Edmund Dantés encarcerado inxustamente ao verse implicado nunha escura trama política. Ao lonxe, no desterro..., Napoleón. Aquí atoparedes máis información do autor e da súa obra.


VÍCTOR HUGO: Os miserables. Xa sei que diredes que é moi longo, pero é igual de marabilloso. Francia, século XIX... Jean Vajean, vítima das inxustizas sociais, tan ben noveladas polo autor.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Encántanme as recomendacións; todas elas da literatura francesa e moi ben escollidas. Por certo, que é a segunda vez que nesta páxina web sae "Les Misérables" de V. Hugo recomendado.
Laura.