lunes, 14 de junio de 2010

E CHEGA A DESPEDIDA!

Rápido pasou o curso e, cantos libros quedan por facernos vivir mellor na biblioteca! Aproveitádeos!
Propóñovos un xogo final en que todos podedes participar, pero especialmente 3º e 4º.
Aí van as pistas... e só de novela.

Preguntádelle a Benjamín Prado se, como dicía Antonio Machado, hai Mala gente que camina (posguerra española, transición e memoria histórica); a Xavier Quiroga interrogádelle sobre se esa xente pode habitar en O cabo do mundo. Descansarán na Noite de voraces sombras? ou acordaremos no medio de La noche de los tiempos?

Sei que vos gustan as novelas de vampiros pero, permitídeme que vos conte unhas confidencias:
  • a Fortunata  de Fortunata y Jacinta foi un home quen libou o seu sangue ate quitarlle a vida mentras Galdós nos acampañaba polo Madrid que, no século XIX, seguía sendo dos Austrias. 
  • vampiros foron os caciques que en Vetusta enclaustraron a famosa La Regenta
  • e señoritos vidos a máis, ou a menos, paséanse grazas á pluma de Emilia Pardo Bazán e de Otero Pedrayo.
Eduardo Mendoza non precisa levarnos ao cine para seducirnos en: La ciudad de los prodigios, e Dickens lémbranos como o medre económico pode chegar a esquecer que o prodixio é a infancia porque a infancia é o futuro.

Vós sodes o futuro, comezade por  "remexer" na biblioteca. Preguntade, dádelles unha, e inclusive dúas ou tres oportunidades aos libros. Coñecede o mundo e a historia, recoñecede que nas vosas mans está melloralo.

Boas lecturas e boas vacacións!

miércoles, 13 de enero de 2010

SALTO NO TEMPO!

Para que non se diga que non dominamos a Historia!

Pensando no temario do alumnado de 4º e en consideración ao entusiasmo amosado no primeiro trimestre, abrimos o libro do mundo para deternos en:

STENDHAL: Vermello e Negro. Paixón e ambición nos convulsos anos do século XIX tras a caída de Napoleón. Quen non se namorou de Julian Sorel? Atoparédelo na CDU 8, Literatura.


ALEXANDRE DUMAS: O conde de Montecristo. Romanticismo e vinganza. Edmund Dantés encarcerado inxustamente ao verse implicado nunha escura trama política. Ao lonxe, no desterro..., Napoleón. Aquí atoparedes máis información do autor e da súa obra.


VÍCTOR HUGO: Os miserables. Xa sei que diredes que é moi longo, pero é igual de marabilloso. Francia, século XIX... Jean Vajean, vítima das inxustizas sociais, tan ben noveladas polo autor.