jueves, 22 de octubre de 2009

De paseo pola prehistoria.

Achegámosvos só algúns dos títulos ambientados na Prehistoria e de escrupulosa precísión científica:

Kurtén, Björn: La danza del tigre. Plot ediciones.
Hai moitos milenios, no planeta Terra, unha especie intelixente loitaba por sobrevivir. O seu mundo vai ser invadido por outras culturas tamén intelixentes. A especie local eran os neandertais, e o seu mundo, Europa; a especie invasora... eramos nós.

Rosny, J. H.: En busca del fuego. Ed. Valdemar.
Un clásico! E non perdades a película dirixida por Jean-Jacques Annaut.

Arsuaga, J. L. e Martínez, I .: La especie elegida. Ed. Temas de hoy.
Un consello, non é unha novela, pero os directores do proxecto Atapuerca son grandes counicadores que conciben este libro para dar respostas a moitas das preguntas que vós podades facer sobre as nosas orixes. Non nos parece axeitado para o primeiro ciclo pero algún do segundo se pode animar e, como non, animade os vosos pais.

Arsuaga, J. L.: El collar del Neandertal. Ed. Temas de hoy.
Válido o exposto para o libro anterior. Quizais este é máis asequible. A min encantoume e recomendo que comecedes o achegamento á Prehistoria con este magnífico ensaio.

miércoles, 21 de octubre de 2009

Historia para todos e todas.


Se vos gustan os cómics, de seguro que vos ides divertir e aprender con estes libros que hoxe recomendamos para todos os cursos: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.


Historia de Galicia

Historia Universal


Atoparédelos na CDU 9, no andel de Historia. O seu autor é Pepe Carreiro, máis coñecido como ilustrador non só de banda deseñada, senón tamén de xénero narrativo.

miércoles, 14 de octubre de 2009

BENVIDA AO NOSO BLOG DE CIENCIAS SOCIAIS

Dámovos a nosa cálida benvida ao noso blog de Ciencias Sociais do noso Instituto. Nel queremos propoñervos itinerarios lectores para nosa área.
En sucesivas entradas comentaremos lecturas relacionadas coa programación da nosa asignatura en cada curso da ESO. Dentro da selección presentamos textos axeitados a cada idade e que abordan dende a ficción distintas etapas da historia do home ou se ambientan en cidades ou pobos que nos axudan a coñecer mellor a xeografía. Pensamos que poden ser un estímulo e un complemento das explicacións teóricas e poden axudarvos a viaxar no tempo e no espazo.
Confiamos que atopedes interesante esta iniciativa que se suma a dos outros Departamentos e que se enlazan co noso blog da Biblioteca.