Montet, P.: La vida cotidiana en Egipto. Ed. Temas de hoy. Rigoroso e ameno. Desvela desde os segredos das tumbas faraónicas até os aspectos máis cotiáns dos tempos de Ramsés.
Manfredi, M.: Aléxandros. Ed. Mondadori. Narra a vida do grandioso conquistador desde o seu nacemento até que chega a dominar o mundo coñecido. Ao fondo, sempre presente as ensinanzas do seu mestre Aristóteles.
Pídenos tamén este na biblioteca para saberes máis da situación da muller no mundo.
Renault, Mary: Alejandro Magno. Ed. Edhasa. Á túa disposición aquí.
Kapucisky: Viajes don Herodoto. Magnífico. Magnífico. Magnífico. Dubidades se nos gusta?
Graves, R.: Yo, Claudio. Nel atoparás as intrigas en tempo dos emperadores. Máis subxugante ca unha telenovela... e, infinitamente mellor escrita.
E miles de libros máis que nos achegan ao mundo clásico. Pero, unha última recomendación: remexe an biblio, ou mellor, utiliza o ordenador para consultar o noso catálogo, e viaxa con Ulises (A Odisea) ou contén a ira de Aquiles (A Ilíada). Hai adaptacións de Homero para todas as idades.
Ademais podedes consultar sobre mitoloxía e deleitarte coas obras de arte que inspiraron en todos os tempos (consulta nas enciclopedias especializadas e no apartado de arte).
1 comentario:
Ya han llegado algunas de estas recomendaciones a la biblioteca. No dejéis de consultarlas. Os sorprenderán.
Un saludo:
Pilar
Publicar un comentario