Propóñovos un xogo final en que todos podedes participar, pero especialmente 3º e 4º.
Aí van as pistas... e só de novela.
Preguntádelle a Benjamín Prado se, como dicía Antonio Machado, hai Mala gente que camina (posguerra española, transición e memoria histórica); a Xavier Quiroga interrogádelle sobre se esa xente pode habitar en O cabo do mundo. Descansarán na Noite de voraces sombras? ou acordaremos no medio de La noche de los tiempos?
Sei que vos gustan as novelas de vampiros pero, permitídeme que vos conte unhas confidencias:
- a Fortunata de Fortunata y Jacinta foi un home quen libou o seu sangue ate quitarlle a vida mentras Galdós nos acampañaba polo Madrid que, no século XIX, seguía sendo dos Austrias.
- vampiros foron os caciques que en Vetusta enclaustraron a famosa La Regenta
- e señoritos vidos a máis, ou a menos, paséanse grazas á pluma de Emilia Pardo Bazán e de Otero Pedrayo.
Vós sodes o futuro, comezade por "remexer" na biblioteca. Preguntade, dádelles unha, e inclusive dúas ou tres oportunidades aos libros. Coñecede o mundo e a historia, recoñecede que nas vosas mans está melloralo.
Boas lecturas e boas vacacións!